Último día en calma en Compostela

Último día en calma en Compostela
Último día en calma en Compostela

As temperaturas oscilarán en Compostela entre os 9 e os 13 graos

Situación intermedia, coas altas presións retirándose progresivamente, pero deixando aínda estabilidade nesta xornada. Deste xeito os ceos presentarán intervalos de nubes baixas no litoral de Pontevedra e no oeste da Coruña, quedando soamente con nubes de tipo alto no resto. As chuvias iranse xeneralizando xa pola noite e na madrugada do sábado.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do sur-suroeste, fortes no litoral, moderados no interior durante o día pero aumentando a moi fortes pola noite no terzo norte.

En Compostela agardase un día alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Pola noite chegarán as chuvias para quedarse. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán lixeiramente.

Comentarios
Lo más