O IES Félix Muriel de Rianxo pasa á fase final do Club de Debate

O IES Félix Muriel de Rianxo pasa á fase final do Club de Debate
O IES Félix Muriel de Rianxo pasa á fase final do Club de Debate

En segunda posición quedou o IES Illa de San Simón de Redondela, que acompañará ao primeiro na fase que se celebrará en Santiago o vindeiro 16 de maio.

O Pazo da Cultura acolleu este venres a fase local (Pontevedra-Rianxo-Redondela) do Club de debate no que participaron sete equipos de distintos institutos de Pontevedra, Redondela e Rianxo. Os equipos foron: IES Luís Seoane, IES Valle Inclán e dous equipos do IES Sánchez Cantón: Escintileo do Cantón e Estoxo Azul do Lérez, IES Mendiño e IES Illa de San Simón (ambos de Redondela) e IES Félix Muriel de Rianxo.

O tema arredor do que debatiron estes mozos e mozas foi "Podemos salvar o planeta".

Os dous equipos máis puntuados en cada unha destas fases participarán na final que se celebrará en Santiago de Compostela o sábado 16 de maio, onde debaterán a favor e en contra do tema "O futuro do galego está en nós". O equipo con máis puntuación terá como premio unha viaxe multiaventura de fin de semana.

O Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega en distintos contextos, fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social.                      


Comentarios