Este domingo a filloa é protagonista en Lestedo

Este domingo a filloa é protagonista en Lestedo
Este domingo a filloa é protagonista en Lestedo

Terá lugar a 37ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón 

O programa da Festa da Filloa o 1 de marzo inclúe degustación de filloas –doces e salgadas- dende media mañá e parranda de entroido ás 12:00 no campo da Festa, para despois dar paso a un intenso programa con moitas actividades das dúas festas de Interese Turístico de Galicia.

O V Gran Desfile dos Xenerais do Ulla terá lugar ás 12:30 horas, os Xenerais, correos e soldados farán un percorrido para rematar no Campo da Festa, onde lles esperará  a actriz María Mera para presentar o pregón do xornalista de Radio Voz, Pablo Portabales. E como broche final á unha intensa mañá, Tania Veiras e O Recobio amenizará a sesión vermú.

Ás 17:30 presentaranse ós famosos Altos dos Xenerais da Ulla,  que mediante estrofas rimadas e con moita ironía e humor falarán de política e temas de actualidade. E xa a partir das 18:30 dará comezo a verbena a cargo das orquestras París de Noia e Gran Parada, que prolongarán as súas actuación ata as 00:00 horas da noite. 

Comentarios
Lo más