PP e BNG votan en contra duns presupostos "inútiles" e que "ignorar á veciñanza"

PP e BNG votan en contra duns presupostos "inútiles" e que "ignorar á veciñanza"
PP e BNG votan en contra duns presupostos "inútiles" e que "ignorar á veciñanza"

Os dous partidos votaron en contra dos presupostos no pleno extraordinario de este luns

O portavoz municipal do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, fixo unha curiosa intervención para lembrar que hai 500 anos, en 1520, Santiago acolleu unha sesión das Cortes do rei Carlos I. O popular valeuse desta efeméride para sinalar que, "a diferenza" do monarca, o actual alcalde "non atopou dificultades" para iniciar o trámite dos orzamentos facendo "concesións gravosas" a Compostela Aberta e "a prol de dona Mercedes (Rosón)", primeira tenente de alcalde e "primeira na liña de sucesión ao trono", ironizou.

Sánchez-Brunete dixo que os populares non poden votar a favor das contas porque "non son nin transparentes nin parecen do todo útiles nin do todo xustas", senón que "son clandestinas".

Para explicar este punto, o portavoz do PP definiu o capítulo 2 do borrador como uns "fondos reservados" destinados a "contratos a dedo que compracerán aos seus compañeiros de Compostela Aberta". "Son partidas xenéricas coas que configuraron un orzamento 'buffet'", insistiu.

Finalmente, o segundo tenente alcalde, Gumersindo Guinarte, defendeu as contas elaboradas e explicou que o atraso na súa elaboración se debe a que foi en outubro cando se acometeu a reforma das ordenanzas fiscais, o que "determina os posibles ingresos de face a elaborar uns orzamentos" e a falar co resto de grupos.

"A partir de aí comprobamos que había unha proposta que podo dicir máis traballada, cunha elaboración máis detallada e que estaba en maior sintonía coas propostas que nós tiñamos no orzamento, que foi a de Compostela Aberta. E sobre esa proposta empezamos a traballar", explicou, para logo engadir que "non lles parecía serio" negociar "a tres ou catro bandas".

Pola súa pate, os Orzamentos municipais de 2020 non contaron co apoio do BNG porque non presentan un modelo de cidade para avanzar en accesibilidade, en políticas ecoloxistas nin feministas, nin culturais, nin inclúen necesidades urxentes dos barrios, ademais de ignorar a necesidade de saneamento e abastecemento para o rural. “Son orzamentos curtopracistas que deixan ver que Sánchez Bugallo está instalado no pasado e dista moito de posuír un proxecto actualizado para Santiago de Compostela”, explicou no Pleno Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG. Os orzamentos aprobáronse cos votos a favor do PSOE, en contra de BNG e PP e a abstención de CA, xunto co voto de calidade do alcalde.

“Son orzamentos que dan as costas ás reivindicacións da comunidade educativa, ás asociacións do rural, ao tecido cultural, á mocidade que busca emprego e mesmo ao persoal municipal e iso responde á falta de diálogo e de vontade de chegar a acordos plurais e maioritarios”, destacou.

“Todos os grupos políticos asumimos un compromiso co rural e acordamos, por iniciativa da Ferusa e tras un traballo inxente, incluír unha cantidade para iniciar obras para ir dotando de saneamento e abastecemento os numerosos núcleos que non o teñen”, advertiu. O compromiso era consignar unha cantidade para iniciar as obras neste 2020 para ir dotando de saneamento e abastecemento os numerosos núcleos que carecen destes servizos, cunha proposta doada: comezar por aquelas vivendas que teñen o saneamento a menos de 500 m e polos lugares en que secaron fontes e ficaron sen auga os últimos anos. O acordo de PSOE e Compostela Aberta ignora este compromiso e inclúe 0 euros para estas infraestruturas básicas.

O grupo de Goberno non tivo vontade de incluír peticións do BNG sustentadas en reclamacións veciñais .

Comentarios