CA ve un "trimestre perdido" na entrada en vigor das contas deste ano

CA ve un "trimestre perdido" na entrada en vigor das contas deste ano
CA ve un "trimestre perdido" na entrada en vigor das contas deste ano

Así o valorou o exalcalde Martiño Noriega

Por parte de Compostela Aberta, que coa súa abstención acendeu a luz verde das contas, o exalcalde Martiño Noriega explicou que o seu grupo puxo "os intereses da cidade por enriba dos intereses de parte" e valorou que o PSOE "incorporou boa parte" das súas demandas ao proxecto. Con todo, as súas críticas dirixíronse a lamentar que vaia haber "un trimestre practicamente perdido" na entrada en vigor das contas deste ano.

Segundo as súas palabras, o acordo alcanzado co goberno local para a súa abstención pivota na "necesidade de continuar o mandato anterior", pero Noriega tamén advertiu que o pacto "entre forzas progresistas" non é compatible con "tender a man ao PP", partido que precisamente o pasado verán facilitaría a aprobación dos orzamentos do 2019, que entraron en vigor en setembro.

Por parte da oposición, a primeira en tomar a palabra foi a portavoz do BNG, Goretti Sanmartín, quen criticou que as contas comezarán a súa vixencia "como moi pronto en abril". Neste sentido, aproveitou para lamentar que o seu grupo coñecese o borrador o 17 de febreiro, mesmo día que o goberno o presentou á prensa e que Compostela Aberta anunciou que se abstería, e acusou ao PSOE de "mentir nos medios" dicindo que si houbo negociacións.

Ademais, a nacionalista censurou que se fíe parte dos investimentos do Xacobeo aos remanentes do 2019. Segundo as súas cifras, dos orzamentos técnicos do 2019, que entraron en vigor en setembro, hai un 25% sen executar, polo que "moitos dos compromisos ao final convértense en fume".

Comentarios