Unha conversa sobre o acceso das mulleres á vida pública e o concerto de Bia Ferreira inician as actividades do 8M

Unha conversa sobre o acceso das mulleres á vida pública e o concerto de Bia Ferreira inician as actividades do 8M
Unha conversa sobre o acceso das mulleres á vida pública e o concerto de Bia Ferreira inician as actividades do 8M

O programa da Concellaría de Igualdade Artellando feminismo para este 8M, dentro de Compostela, Territorio das Mulleres, comeza este  xoves, ás 19:30 horas, na Casa das Mulleres Xohana Torres. Cristina López, autora de Pioneiras do deporte en Galicia, Clara Cordeiro, especializada en arte e xénero, e a escritora Antía Yáñez participarán, dende as súas experiencias vitais e profesionais, nunha conversa que xirará ao redor dos obstáculos das mulleres á hora de acceder á vida pública ao longo da historia e na actualidade. 


Ao día seguinte, venres 6, terá lugar un dos actos centrais do programa, o concerto da brasileira Bia Ferreira, "artivista", compositora, multi instrumentista e cantora, acompañada de Doralyce. A sala Riquela acollerá este evento, que será de balde ata completar a capacidade da sala, e que dará comezo ás 20:30 horas.

Bia naceu nunha familia evanxélica e seguiu os pasos da súa nai (cantora tamén, directora de coros e pianista) aos tres aniños, cando comezou a estudar piano. Despois aprendería a tocar outros moitos instrumentos. É coñecida polas súas letras con carga social e política -sobre todo polos éxitos "Cota não é esmola" e "Não precisa ser Amélia", que compuxo en 2011- coas que desafía o racismo, o machismo e a homofobia. Defensora do feminismo negro, ela mesma se fai chamar "pastora da Igreja Lesbiteriana".

Durante as vindeiras semanas seguirán a desenvolverse as actividades do programa Artellando feminismo, que poden consultarse na web artellandofeminismo.gal. Para algunhas delas é aconsellable inscribirse previamente a través desa mesma web, pois prevese que poida completarse a capacidade dos diferentes espazos onde se celebrarán. 

Comentarios
Lo más