Touro pechou o entroido co desfile dos xenerais da Ulla de Bama e Fao en Fonte Díaz

Touro pechou o entroido co desfile dos xenerais da Ulla de Bama e Fao en Fonte Díaz
Touro pechou o entroido co desfile dos xenerais da Ulla de Bama e Fao en Fonte Díaz

A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu onte a súa ‘Feira do Entroido’, unha cita xa obligada no entroido da comarca da Ulla.

 E os ‘xenerais da Ulla’ foron protagonistas, ainda que non poideron lucir os seus vistosos traxes pola amenaza de chuvia, que caeu con forza ao final do desfile. Tamén foron protagonistas os personaxes do entroido de Touro, como o Vello dos Cornos. A mañá amenazou chuvia en Touro. Pasadas as doce e media concentráronse os ‘xenerais’ diante da sede do Concello de Touro. O pronóstico dunha mañá pasada por auga evitou que os ‘xenerais’ poideran vestir os traxes napoleónicos e os seus sombreiros de plumas.

Numeroso público, veciños e visitantes, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas os nenos e nenas do PAI e os alumnos e alumnas do colexio de Fonte Díaz.

Os ‘xenerais’ sen os seus traxes, procedentes das parroquias de Bama e Fao, iniciaron unha marcha polas rúas de Fonte Díaz. No desfile participou todo aquel que chegou disfrazado. E tamén estaban presentes maiores e pequenos con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido. Ao final do desfile, animado pola charanga Os atrevidos, caeu un bo chaparrón, que foi o final definitivo dunha xornada de entroido, a última no Concello de Touro, despois de vivir o entroido nas parroquias de Bama e Fao.

Comentarios
Lo más