Denuncian o peche do Museo das Peregrinacións por falta de persoal

Denuncian o peche do Museo das Peregrinacións por falta de persoal
Denuncian o peche do Museo das Peregrinacións por falta de persoal

CCOO denuncia o abandono ao que a Consellería de Cultura ten sometidos aos traballadores dos seus centros de traballo, e o  pouco interese en solucionar os múltiples problemas que teñen as bibliotecas, museos e arquivos dende  fai anos.

Dende o sindicato sinalan que co traslado da sede do Museo das Peregrinacións, realizado en novembro do 2015 desde a antiga Casa Gótica ás dependencias do antigo Banco de España, en Santiago, na praza de Praterías, evidenciouse o  escaso  persoal e a improvisación coa que se abriu a nova sede, situación que CCOO xa denunciou nese momento. Denuncias as que a Consellería respondeu, desde entón non facendo nada para solucionar ditas eivas. Actualmente o persoal componse de 8 vixiantes laborais e 1 subalternos funcionario. A colección do Museo repártese en 7 salas de visitas repartidas en 3  plantas dedicadas á peregrinación, como fenómeno universal, a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago e o nacemento e a evolución da cidade de Santiago,

O persoal traballa en quendas de mañá e tarde de martes a domingo. No momento que algún traballador enferma, ou fai uso das súas vacacións o licencias as que ten dereito, prodúcese un desaxuste de persoal, coa única solución aportada ata de agora, do peche de centro, xa que a  Consellería négase a cubrir as baixas, vacacións ou mesmo incrementar a plantilla en 4 vixiantes mais e algún persoal técnico, tal e como apuntan desde CCOO.

No seu comunicado, o sindicato apunta que "Nestes días CCOO tivo coñecemento que debido á falta de 2 traballadores (1 por enfermidade, e outro por vacacións), se pechaba novamente o centro, por certo sen comunicarllo aos representantes legais dos traballadores traballadoras. Logo das reiteradas denuncias de CCOO e mesmo dos traballadores e traballadoras de que sen substitucións ou incremento de plantilla non podia atenderse o gran volume de visitantes, a Consellería como opción mais comoda, opta polo peche directamente, pois antes o que facía era manter o centro aberto con 1 só traballador, e o apoio do vixiante de seguridade privada, o que supoñia un risco para para a seguridade da exposición, para o propio traballador e un uso fraudulento de traballadores alleos a actividade do múseo". 


Comentarios