Tres alumnos compostelanos premiados en los Premios Literarios Minerva

Tres alumnos compostelanos premiados en los Premios Literarios Minerva
Tres alumnos compostelanos premiados en los Premios Literarios Minerva

Al veterano certamen literario se presentaron casi noventa trabajos

O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o xoves 5 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e oito dos recoñecidos galardóns (membros do xurado ao final deste documento).

O certame recolleu un total de 88 traballos. Os alumnos de 3º, 4º da ESO e Bacharelato de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 17 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos.

O xurado destacou a calidade das obras poéticas, o que semella garantir o futuro da poesía galega. Do mesmo xeito, quedou sorprendido da gran variedade, tanto nas temáticas coma no estilo, dos relatos. Considerou de xeito positivo a representatividade das diversas liñas creativas entre todas as obras presentadas, que abren un futuro esperanzador para as nosas letras. “Agardamos que, como xa vén sendo habitual, moitos destes mozos sexan recoñecidos nun futuro próximo no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila, Olga Novo…”, sinalou a secretaria do certame e profesora do Colexio Teresa González da Silva.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro 2 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Comezará ás 17.00 horas e nel actuará como mantedor Ramón Villares, catedrático de Historia da USC e membro da Real Academia Galega. Ademais os autores premiados lerán unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.

As obras premiadas

En concreto, presentáronse 49 na modalidade de narración, dos cales resultaron 21 finalistas, e houbo un total de 39 traballos na modalidade de poesía, con 17 finalistas. Desta obra, o xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Modalidade de NARRACIÓN

➢ 1º PREMIO: Alba Guzmán Falcón, de 16 anos, alumna de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, polo seu relato Vodas de prata. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

➢ 2º PREMIO: Iago Fraga Vilas, de 17 anos, alumno de 2º de Bacharelato do IES Ramón Cabanillas de Cambados, pola súa obra Meu home, eu quérote. Premio de 400 euros e medalla de prata conmemorativa.

➢ 3º PREMIO: Enma Combo García, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do Colexio La Salle de Santiago, pola súa narración titulada Berros metálicos. Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

O xurado acordou tamén conceder os seguintes accésits:

❖ 1º ACCÉSIT: María Alejandra Barco Tojo, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Arzúa, polo seu traballo O ollar de Libia .

❖ 2º ACCÉSIT: María Crespo Cutrín, de 16 anos. Cursa 1º de Bacharelato no IES Lamas de Abade de Santiago, pola súa obra Infinita.

❖ 3º ACCÉSIT: Alba Miranda Rial, de 16 anos, de 1º de Bacharelato do IES Nº1 de Ribeira, polo seu traballo Todo, para nada.

Modalidade de POESÍA

➢ 1º PREMIO: Lara Hernández Iglesias, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato no Colexio M. Peleteiro, polo seu traballo Chamada de vida, enfermidade vencida en corpo de peregrina. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa.

➢ 2º PREMIO: Ana Fraile Somoza, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, polo seu traballo Minervae. Premio de 400 euros e medalla de prata conmemorativa.

➢ 3º PREMIO: Nee Barros Fernández, de 17 anos. Cursa 2º de Bacharelato no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, polo seu poema Nocturno, Impromptu e Disonancia. Premio de 250 euros e medalla de prata conmemorativa.

O xurado acordou tamén conceder os seguintes accésits:

❖ 1º ACCÉSIT: Emilio Pulido Fraiz, de 17 anos de 2º de Bacharelato do Colexio M. Peleteiro, pola súa obra Morte e vida no luar.

❖ 2º ACCÉSIT: Miguel García-Miguel Diz, de 17 anos, de 2º de Bacharelato do Colexio IES Rosais 2 de Vigo, polo seu traballo Vaivén.

Comentarios