Fin á imbatibilidade

Fin á imbatibilidade
Fin á imbatibilidade

Victoria pola mínima da Ud Ourense que acaba ca imbatibilidade do Vero Boquete pero mantén líder ao Compos trala derrota do Ourense CF

SD Compostela 0 1 UD Ourense

   

Arrancaba un partido imporatante para a esedé no Vero Boquete. O liderato estaba en xogo. O primeiro en dar un aviso foi o conxunto visitante cun diparo de Dani Pedrosa que atrapou Pato. Un primeiro aviso ao que seguiu o gol. Nunha rápida transición adiantábase o conxunto visitante. Gol de Rubén Arce. Plantouse no man a man con Pato, parou o meta, pero o rexeite petou nel e, a instancias do liña, o colexiado decretou o tanto ao indicar que o balón superou a liña de gol.

Intentaba reaccionar o Compos cun pase entre liñas de Bicho para a entrada desde atrás de Sergio Pereira, que entraba so para o man a man, pero o liña indicou fóra de xogo. Os problemas seguían para o conxunto local que tuvo que facer un cambio obrigado por lesión no 25'. Retirouse Hugo Sanmartín e entrou Gabri Palmás.

No 31' a piques estivo de chegar o empate. Estivo providencial Ángel Díez para evitalo. Na réplica, bo roubo de balón de Tiago que asistiu a Pedrosa que non puido rematar con claridade. O último intento da primeira metade foi de novo do conxunto visitante. Non se moveu o marcador e co 0-1 chegábase ao descanso.

Xa no segundo tempo saíu con todo a esedé na busca da remontada tengo varias ocasións nos primeiros compases. Tamén a UD Ourense buscaba o segundo cun remate de Hugo García á parte exterior do pau. Atopou o oco Rubén Arce na banda, puxo o centro para o punto, pero sen ángulo, o seu disparo marchou fóra, Clarísima a ocasión que tivo o Compos pouco despois para poñer o empate. Xogada longa, de atrás adiante, con centro potente de Primo desde a liña de fondo, que Josiño mandou fóra no segundo pau.

No 67' foi expulsado o técnico local. Una expulsión trala que de novo tivo o empate o conxunto local. Xogada de contra para o Compos, balón morto na frontal da área pequena pero Josiño, chegando desde atrás, atopou o paradón de Ángel Díez e o longueiro. E seguian as ocasión pero resistíase a entrar o balón. Primeiro, remate de cabeza de Álvaro Casas no primeiro pau, tralo córner sacado en curto, que se marchou fóra. Pouco despois, pase á espalda da defensa de Álvaro Casas para Primo, que controlou diante de Ángel Díez, pero no xiro non conseguiu superar ao porteiro.

Cazouna Gabri Palmás na banda, deixouna atrás para Pablo Antas, pero o zurdazo deste, que ía dirección á meta, petou na perna dun zagueiro. Seguía insistindo a esedé. Pouco despois, centro de Josiño ao corazón da área que rematou alto Pablo Antas. O gol non chegou e a victoria 14 non puido ser. Tamén caeu o Ourense polo que o Compos mantén o liderato a pesar do pinchazo de hoxe. 

Ficha técnica
Compos: Pato, Saro, Sergio Pereira (Josiño, min 56), Álvaro Casas, Soto, Samu, Miki (BAleato, min 75), Pablo Antas, Primo, Hugo SanMartín (Gabri Palmás, min 25) y Bicho
Ourense: Ángel Díez; Gabi Sanín, Corzo, Vieytes, Alfredo; Rubén Arce (Isi, min 89), Viti (Germán, min 80), Tiago, Champi; Dani Pedrosa e Hugo García (Markitos, min 67)
Goles: 0-1, mi 7: Rubén Arce
Árbitro: Álvaro Moreno Aragón. Comité territorial madrileño. Amonestou a Samu (min 14), Pablo Antas (min 29), Miki (min 65), Yago Iglesias (min 67 roja)
Incidencias: Partido correspondiente a la decimoquinta jornada de LaLiga Santander disputado en el Estadio de Anduva (Miranda de Ebro).
 
Comentarios
Lo más