Os/as atletas do Club Atletismo MillaRaio obteñen catro medallas no campionato de Galicia de pista cuberta sub16 e sub20

Os/as atletas do Club Atletismo MillaRaio obteñen catro medallas no campionato de Galicia de pista cuberta sub16 e sub20
Os/as atletas do Club Atletismo MillaRaio obteñen catro medallas no campionato de Galicia de pista cuberta sub16 e sub20

Os/as atletas do club de atletismo MillaRaio seguen acadando moi bos resultados nas probas nas que participan

Neste caso trece atletas da categoría sub16 e dous sub20 participaron no campionato de Galicia de pista cuberta sub16 e sub20, obtendo un total de catro medallas. Dúas medallas foron para Daniel Cariñena en lanzamento de peso (prata) e 60 metros lisos (bronce) sub16, unha medalla de prata acadouna Asier Cabo en triplo salto sub16, e unha medalla de bronce foi para Torcuato Labella en lanzamento de peso sub20.

Os/as atletas do Club Atletismo MillaRaio participaron o pasado sábado, 7 de marzo, no campionato de Galicia de pista cuberta sub16 e sub20 celebrado en Expourense cun total de trece atletas da categoría sub16 e dous sub20, obtendo un total de catro medallas.  Daniel Cariñena acadou dúas medallas; unha prata en lanzamento de peso e un bronce en 60 metros lisos sub16. Asier Cabo logrou unha medalla de prata en triplo salto sub16 e Torcuato Labella gañou unha medalla de bronce en lanzamento de peso sub20.

Destacada a actuación dos atletas do club nos 60 metros lisos sub16, onde conseguiron clasificarse os tres participantes para a final, rematando Daniel Cariñena en terceira posición, Matías Barca en cuarta posición e Alejandro Jiménez na sexta.

Participaron ademais na categoría sub16: Alejandro Jiménez (4º) e Asier Cabo no salto de lonxitude; Matías Barca (5º), Álvaro Francos e Antía Figueras nos 60 mrtros valos; Antía Figueras e Álvaro Francos (6º) no salto con pértega; Noel Ferraces nos 600 metros e no salto de altura, xunto con David García (4º) que tamén competiu no triplo salto (5º); Noa Piñeiro e Lucas Dagnac nos 1000 metros; Valeria Batire Guridi (7ª) nos 3000 metros; e Ángela Eiras e Irene Rodiles nos 60 metros lisos.

Na categoría sub20 participaron Torcuato Labella e Álvaro Rodiles nos 60 metros lisos. Álvaro Rodiles tamén nos 200 metros lisos.

Comentarios