O congreso ‘Concepción Arenal: xurista, activista social, muller avanzada’ recibe propostas de relatorios ata o 15 de maio

O congreso ‘Concepción Arenal: xurista, activista social, muller avanzada’ recibe propostas de relatorios ata o 15 de maio
O congreso ‘Concepción Arenal: xurista, activista social, muller avanzada’ recibe propostas de relatorios ata o 15 de maio

Está previsto que o foro se desenvolva na USC entre o 10 e 11 de setembro

‘Concepción Arenal: xurista, activista social, muller avanzada’ é o nome do congreso que no mes de setembro reunirá na USC aos meirandes expertos na figura da escritora ferrolá e que analizarán a súa obra dende unha perspectiva interdisciplinar. As persoas interesadas en participar poden enviar propostas de relatorios ata o vindeiro 15 de maio. Os requisitos poden consultarse na web oficial do congreso dispoñible nesta ligazón

Este foro quere dar cabida a enfoques diversos —xurídicos, sociolóxicos, literarios, históricos, ou pedagóxicos— que estuden a figura da propia Concepción Arenal, aspectos da súa obra e actividades, ou poñan en relación o seu papel con debates científicos sobre os ámbitos aos que ela dedicou a súa vida.

A propia figura de Concepción Arenal, a situación da muller, a incorporación das mulleres á vida pública e á educación, a mellora dos cárceres e do Dereito penitenciario, o papel da educación na mellora social, as condicións de vida das persoas máis desfavorecidas, o Dereito como ferramenta de cambio social, entre outros temas que foron obxecto da súa incesante actividade, poden ser obxecto de tratamento nos traballos que se acheguen a este Congreso. Está previsto que esta iniciativa se desenvolva na USC entre o 10 e 11 de setembro. 

Comentarios
Lo más