Cuarentena baixo o sol en Compostela

Cuarentena baixo o sol en Compostela
Cuarentena baixo o sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 16 graos

O martes Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións localizadas ao norte da península Ibérica e un centro de baixas presións situado no Golfo de Cádiz. Deste xeito, os ceos alternarán nubes e claros, con máis nubes na metade norte, sen descartar algunha precipitación feble ao norte da provincia de Lugo.

As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso, lixeiro nas mínimas, pero entre moderado e notable nas máximas. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos fortes no litoral atlántico e zonas altas do interior.

En Compostela agardase unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados.En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que ascenderán notablemente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios