A Baña repartirá produtos de primeira necesidade ás persoas dependentes nos seus domicilios

A Baña repartirá produtos de primeira necesidade ás persoas dependentes nos seus domicilios
A Baña repartirá produtos de primeira necesidade ás persoas dependentes nos seus domicilios

O Concello da Baña pon a disposición das persoas dependentes residentes no municipio un servizo de entrega a domicilio de alimentos, medicamentos e produtos de primeira necesidade

 O alcalde, José Antonio Pereira Gil, vén de asinar un bando no que se garante apoio extraordinario a quen estea nesta situación e mentres dure o estado de alarma decretado polo Goberno central.

Para acceder ao servizo de entrega a domicilio destes produtos indispensables para o día a día hai que chamar ao teléfono 981 886 501, en horario de 9.00 a 14.00 h, de luns a venres. Poderán acceder a el as persoas que se atopen nunha situación de especial vulnerabilidade.

O Concello, que pon en marcha esta iniciativa para garantir o benestar da veciñanza nestes momentos difíciles, chama a facer un uso responsable deste servizo, para que se poida chegar realmente ás persoas que máis o precisan.

Comentarios
Lo más