Santiago Centro suspende o cobro de cotas e reclama apoio ao comerzo

Santiago Centro suspende o cobro de cotas e reclama apoio ao comerzo
Santiago Centro suspende o cobro de cotas e reclama apoio ao comerzo

Santiago Centro, Área Comercial, deixa de cobrar temporalmente as cotas aos seus asociados, ata que o comercio de proximidade e a hostalería poidan volver abrir e recuperar a actividade normal

A Fundación informa tamén de que a oficina de atención aos socios permanece pechada. O persoal segue traballando desde os seus domicilios, e deste xeito Santiago Centro segue dispoñible por vía telefónica ou nos enderezos de correo electrónico habituais. Desde a Fundación estase recompilando toda a información que poida ser útil para que o comercio retallista faga fronte a esta crise.

O presidente de Santiago Centro, José Mª Fernández, apunta que os comerciantes “están plenamente comprometidos coa necesidade de conter a pandemia, como se demostra na rápida decisión de todos de pechar os establecementos”. Porén, recorda ás Administracións que “tamén temos que pagar nóminas, a Seguridade Social e o IVE, e precisamos saber canto antes o que vai facer o Estado con respecto a estas cuestións”. “Hai que ter en conta”, recorda, “que o noso sector está formado maioritariamente por autónomos e pequenas empresas con empregados, que polo xeral non poden aguantar un peche prolongado”. “Urxen medidas de apoio para un sector que xa estaba ao límite”, di.

Comentarios
Lo más