Habilítanse tres puntos de venda e recarga de tarxetas para o transporte urbano

Habilítanse tres puntos de venda e recarga de tarxetas para o transporte urbano
Habilítanse tres puntos de venda e recarga de tarxetas para o transporte urbano

A partir do xoves 19 de marzo suspéndese o cobro en efectivo nos autobuses e só se poderá realizar o pago coas tarxetas de transporte urbano. Para a súa otención e recarga habilítanse tres puntos de venda: praza de Galicia, Fontiñas (rúa Lisboa) e avenida de Vilagarcía.

O sábado 14 de marzo, a sesión extraordinaria da Xunta de Goberno local tomou medidas no ámbito do transporte urbano. Actualízase a información a martes 17 de marzo:

*A partir do xoves 19 de marzo, e durante o período de vixencia da situación actual, só se poderá viaxar coas tarxetas de transporte urbano, sendo por tanto este o único sistema de validación posible. Non se poderán adquirir billetes sinxelos (nin ordinarios nin escolares).

*A tal efecto xa están a disposición dos usuarios tres puntos de venta e recarga de tarxetas:
-Praza de Galicia, na parada da ferretería.
-Fontiñas, rúa Lisboa, ao carón da parada de taxis.
-Avenida de Vilagarcía nº 28.
A venda e recarga realizarase unicamente nestes puntos. Non se permitirá facelo dentro dos propios buses.

*Mantense o aforo máximo de 30 persoas por autobús.

*Os usuarios deben acceder ao autobús a través das portas traseiras ou centrais, onde se habilitarán as máquinas validadoras, evitando deste xeito o contacto directo co persoal de condución.

MODIFICACIÓNS NOS HORARIOS DAS LIÑAS (de luns a venres laborables)
-A liña 15 non accederá ao Campus Sur, rematando na avenida de Barcelona como os días non lectivos.
-A liña P2 suprime os servizos de reforzo que rematan na praza de Vigo, con saídas ás 7:20 e 8:00.
-Suprímense os servizos de reforzo na liña P3 da mañá e do mediodía, así como a estensión a Lamas de Abade e o servizo especial a Lamas de Abade das 8:20.
-A liña P4, praza de Galicia - Sionlla funcionará como lectivo, non realizará o servizo dobre ao mediodía nin o servizo de tarde.
-Suprímese o autobús de reforzo na liña 8 que circula polas mañás. Os horarios da liña 8 quedan do seguinte xeito:
Saídas de Camiño dos Vilares a Vidán: de 7:00 a 22:30 (cada 30').
Saídas de Vidán ao Camiño dos Vilares: de 7:30 a 22:30 (cada 30').
Saídas do tanatorio de Boisaca: as mesmas que nos horarios actuais.
Saídas de Vidán cara o tanatorio: 7:30 8:00 8:30 9:00 10:00 10:30 12:00 12:30 13:00 14:30 15:00 16:30 17:00 18:30 19:00 20:30 21:00 21:30 22:00 22:30
Saídas de Vidán con prolongación a Os Vilares: 9:30 11:30 14:00 16:00 20:00

Pasos aproximados por Os Vilares: 9:55 11:55 14:25 16:25 20:25 

Comentarios
Lo más