O Concello ofrece menús a 200 beneficiarios d0 servicio de comedores escolares

O Concello ofrece menús a 200 beneficiarios d0 servicio de comedores escolares
O Concello ofrece menús a 200 beneficiarios d0 servicio de comedores escolares

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou esta medida

Na Xunta de Goberno tamén se acordou tramitar, por vía de emerxencia, a contratación do servizo de comedor escolar. Sánchez Bugallo recórdalle ás familias que teñen bolsas de comedor escolar e que xa comunicaron que ían recoller os menús, que terán que facelo o luns, día 23, (e non o venres, 20 como estaba previsto) nos puntos de recollida xa concretados co Concello.

O contrato, por 33.000 euros ao mes, permitirá subministrar 200 menús a menores usuarios das bolsas de comedor. En principio asínase por un mes, pero pode ser prorrogado en función da evolución da crise. O alcalde non descartou amplialo a través dun novo contrato para asistencia domiciliaria ainda que aclarou, "de momento temos garantida esa asistencia domiciliaria coa "Cruz Vermella, con comedor social e a través dos convenios cos supermercados". Sánchez Bugallo adiantou que "imos facer unha convocatoria pública para que os supermercados de barrio que estean interesados se poidan sumar a este servizo, de tal maneira que se garantiría a subministracion domiciliaria" e incluso, dixo, eses establecementos terían preferencia nos seus propios barrios. 

Por outra banda, anunciou que todas as persoas que vivían na rúa, 16 en total, están reubicadas en albergues e hostais, xa que "entendemos que deben vivir nunhas condicións dignas" a aí estarán mellor que nun polideportivo municipal.

Comentarios
Lo más