Prazas de aparcamento gratis e 6 baños para os traballadores de servizos esenciais

Prazas de aparcamento gratis e 6 baños para os traballadores de servizos esenciais
Prazas de aparcamento gratis e 6 baños para os traballadores de servizos esenciais

Parte das prazas da zona ORA serán gratis a partir do venres

Sánchez Bugallo tamén anunciou que máis da metade das prazas de zona ORA serán gratuitas a partir do venres. A medida afectará aos aparcamentos de Pontepedriña, Campus Sur e Av. de Ferrol, un total de 990 prazas de aparcamento, das 1.700 coas que conta a zona ORA na cidade. Unha das razóns porque non se estende a gratuidade a toda a cidade ten que ver co persoal. "A nosa intención", sinalou o alcalde, "é que se manteñan o cen por cen dos postos de traballo". A eliminación da rotación mantense para todas as prazas ORA.

Na Xunta de Goberno tamén se acordou habilitar seis baños para os traballadores e traballadoras que teñen que prestar servizos considerados esenciais. Estarán situados no Parque Pablo Iglesias; no Parque do Restollal; na Praza de Salvador Parga; no cruce da rúa Concheiros coa rúa Corredoira das Fraguas; no cruce da Rúa Lisboa coa rúa Valiño; e no Parque de Ramírez. Ademais quedarán abertos os baños dos aparcamentos de titularidade municipal de Praza de Galicia, San Clemente, Praza de Vigo, Xoan XXIII, Lasalle, Romero Donallo, Rúa da Rosa, no Campus Sur a carón de da piscina, e en Galeras.

O rexedor tamén anunciou un contrato de emerxencia para a limpeza e desinfección de instalacións municipais, cun custe de 100.000 euros mensuais (IVE incluído). 

Comentarios
Lo más