A chuvia volve este xoves a Compostela

A chuvia volve este xoves a Compostela
A chuvia volve este xoves a Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 8 e os 21 graos

O xoves será un día de inestabilidade atmosférica en Galicia debido á presenza de aire frío en capas altas da atmosfera. Polo tanto, os ceos alternarán nubes e claros, con máis nubes no litoral norte, onde haberá posibilidade de brétemas costeiras. Co avance do día teremos nubes de evolución que deixarán chuvascos, localmente treboentos, máis probables no interior. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. O vento soprará de compoñente norte. frouxo en xeral, moderado no litoral norte.

En Santiago esperase un día do pai con nubes e claros e no que fará acto de presencia a chuvia que se prolongará durante varios días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso notable.

Comentarios
Lo más