A inestabilidade marca o venres en Compostela

A inestabilidade marca o venres en Compostela
A inestabilidade marca o venres en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 19 graos

A inestabilidade atmosférica pola mestura dunha masa de aire cálido en superficie e outra fría en altura continuará durante esta xornada. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros pola mañá, máis cubertos durante a tarde cando os chuvascos serán máis xeneralizados e localmente treboentos. 

As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.

En Santiago, esperánse ceos con nubes e claros. Agárdanse precipitacións durante todo o día. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso moderado.

Comentarios
Lo más