Primeira xornada de funcionamento do 010

Primeira xornada de funcionamento do 010
Primeira xornada de funcionamento do 010

Este venres comezou a funcionar o teléfono gratuíto de atención á veciñanza para situacións de emerxencia Social, o 010. Será atendido por voluntariado de Protección Civil, de oito da mañá, a oito da tarde. Fóra deste horario, as chamadas de emerxencia serán recollidas nos números de Protección Civil, 981 54 31 05, e da Policía Local, 981 54 23 23, que están operativos as 24 horas.

No 010 aténdense as necesidades dos colectivos de maior vulnerabilidade, como persoas maiores que vivan soas ou con outra persoa tamén de idade avanzada; persoas en situación de dependencia, que vivan soas ou que o seu coidador principal, non poida exercer adecuadamente o seu rol por atoparse baixo os efectos da enfermidade: persoas con problemas de saúde crónica e/ou persoas con discapacidade e mobilidade reducida; persoas con ausencia de apoio familiar e/ou social ou cunha inadecuadas rede de apoio; e persoas en situación de fraxilidade por dispoñer de factores de risco sanitarios.

Ademáis de información xeral, e atendendo á situación de crise na que nos atopamos, servirá para detectar a demanda de necesidade de apoio para a realización de xestións diarias, como compra de alimentos básicos, produtos farmacéuticos, ou apoio social. En concreto, encargarase de identificar ás persoas que solicitan a demanda, o seu domicilio e o teléfono de contacto; facilitaralle información sobre os servizos e recursos existentes no termo municipal; e será a canle de transmisión das demandas dos usuarios e usuarias coas principais entidades de iniciativa social da cidade. Tamén derivará aos Servizos Sociais Comunitarios aquelas situacións ás que non se lle poida dar resposta a través do voluntariado e se precise unha intervención profesional. 

Comentarios
Lo más