Os servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero adáptanse ás circunstancias da crise do coronavirus

Os servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero adáptanse ás circunstancias da crise do coronavirus
Os servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero adáptanse ás circunstancias da crise do coronavirus

O Ministerio de Igualdade está a implementar un Plan de Continxencia contra a violencia de xénero debido á crise do COVID-19, que supuxo o confinamento domiciliario da cidadanía

Este Plan inclúe declarar servizo esencial todos os servizos de asistencia integral ás vítimas de violencia contra as mulleres. Para garantir a asistencia ás posibles vítimas de violencia de xénero, son considerados como servizos esenciais os destinados á súa protección, como os dispositivos de atención 24 h, a acollida a vítimas en situación de risco, centros de emerxencia, pisos tutelados, aloxamentos seguros para vítimas de explotación sexual e trata, etc. O Ministerio de Xustiza incluíu aos xulgados de violencia entre os que seguirán en funcionamento e "realizarán os servizos de garda que lles correspondan para asegurar o ditado das ordes de protección e calquera medida cautelar en materia de violencia sobre a muller e menores".

No que atinxe ao noso Concello, a Concellaría de Políticas de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) traballan na activación dun protocolo que garanta o funcionamento dos servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero, así como a adaptación das modalidades de prestación deste servizos ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir, e que se traduce nas seguintes medidas:

-Novo recurso de emerxencia para as mulleres en situación de violencia de xénero mediante unha mensaxe de alerta por mensaxería instantánea con xeolocalización que recibirán as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

-Chat ou sistema de mensaxería instantánea de contención e asistencia psicolóxica en situación de permanencia en domicilios que xestionará a Administración Central.

Durante estes días o persoal do CIM atende as chamadas de mulleres vítimas de violencia de xénero nos teléfonos:
981 54 24 67
660 30 97 31

No caso de ser necesaria, articúlase unha intervención presencial. A maiores, o número gratuíto de asesoramento 016 segue en funcionamento. 

Comentarios
Lo más