Rois ofrece a persoas maiores e sen recursos poder xestionarlles alimentos ou medicación

Rois ofrece a persoas maiores e sen recursos poder xestionarlles alimentos ou medicación
Rois ofrece a persoas maiores e sen recursos poder xestionarlles alimentos ou medicación

O Concello pon a disposición das persoas máis vulnerables os teléfono 981 804 109 e 689 223 509

O alcalde de Rois acaba de asinar un bando no que informa a cidadanía que dende o Concello se habilitarán medidas para tentar xestionar as necesidades máis urxentes da veciñanza. Os alcaldes de barrio van distribuír este bando polas parroquias e a interesarse pola situacións das persoas máis vulnerables.

As persoas maiores que vivan soas ou aquelas familias que non teñan medios poderán chamar aos teléfono 981 804 109 ou ao móbil 689 223 509. “Dende o Concello vaise facer todo o posible para axudar a xestionar necesidades básicas, tales como alimentación ou medicación”, sinala o bando asinado esta mañá.

O alcalde solicita a colaboración da veciñanza, recordándolle que, nestes momentos difíciles e como consecuencia do estado de alarma pola crise do coronavirus, “debemos ser responsables e cumprir as obrigas impostas polo Goberno central”.

Seguindo as indicacións das autoridades sanitarias, Ramón Tojo lembra que non é recomendable acudir directamente ao hospital nin aos centros de saúde sen chamar antes ao teléfono gratuíto de información sobre o coronavirus 900 400 116. A chamada ao 061 debe deixar só para as urxencias e casos graves.

Comentarios
Lo más