Ceos anubrados, pero sen chuvia en Compostela

Ceos anubrados, pero sen chuvia en Compostela
Ceos anubrados, pero sen chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 17 graos

A zona de aire frío en altura irase movendo durante esta xornada cara ao sur, afastándose de Galicia e diminuíndo polo tanto a inestabilidade. Os ceos estarán aínda moi anubrados ao principio do día, con tendencia a abrirse claros a medida que avance a mañá; pola tarde poderemos ter aínda algún derradeiro chuvasco, máis probable na provincia de Ourense. 

As temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiros aumentos das máximas na metade sur. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con algún intervalo de moderado no litoral atlántico.

En Santiago, teremos ceos con nubes e claros que se irán abrindo ao longo dun día no que non se esperan chuvascos na capital galega.As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en ascenso moderado.

Comentarios
Lo más