Galicia rexistra 885 casos, 130 na área de Santiago

Galicia rexistra 885 casos, 130 na área de Santiago
Galicia rexistra 885 casos, 130 na área de Santiago

O número de PCR realizadas é de 5.052.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 885, deles 226 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 95 da de Ourense, 136 da de Pontevedra, 212 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 permanecen en UCI, 227 están en unidades de hospitalización e 625 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 16 altas de pacientes e 14 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 81 anos que estaba ingresado no CHUAC e unha muller de 77 anos ingresada no Hospital Juan Cardona de Ferrol. Os dous tiñan patoloxías previas.

Comentarios
Lo más