Compostela Cultura propón unha axenda moi completa para quedarse en casa

Compostela Cultura propón unha axenda moi completa para quedarse en casa
Compostela Cultura propón unha axenda moi completa para quedarse en casa

A axenda cultural inclúe propostas para ler, xogar, escoitar e ver

Así na parcela de escoitar atopamos os audiolibros da colección Liñas Paralelas, o Festival Alguén que Respira e  Músicas dende o sofá. Se o teu é o papel (así sexa dixital) tamén podes deixar o tempo pasar con estas propostas de lectura. Para alén dalgún dos libros editados co gallo da SELIC e dispostos para a descarga, a biblioteca en liña do Auditorio de Galicia conta cun bo número de publicacións feitas a partir das exposicións que foron ocupando a Sala Isaac Díaz pardo ao longo dos anos. Se aínda non as viches, este pode ser un bo momento. 

Tamén son moitas as obras artísticas que, dunha ou doutra maneira, podes desfrutar na rede. Tes vídeo-poemas, espectáculos teatrais, galerías fotográficas ou mesmo vídeo-mensaxes que as e os artistas están a pendurar en aberto para ti . Todo eso e máis, na web de Compostela Cultura.

Comentarios
Lo más