Unha nova semana de confinamento que arranca baixo o sol

Unha nova semana de confinamento que arranca baixo o sol
Unha nova semana de confinamento que arranca baixo o sol

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 8 e os 17 graos

O luns quedaremos na influencia das altas presións con circulación do nordés e con aire frío nas capas altas da atmosfera. Con esta situación agárdase unha xornada de ceos alternando nubes e claros en xeral, con máis nubes no litoral norte, con orballos na Mariña Luguesa e con formación de nubes de evolución no interior, que poderían deixar algún chuvasco illado no leste das provincias de Lugo e Ourense.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do nordés, con intervalos fortes na Costa da Morte.

En Compostela espérase unha xornada de nubes e claros con temperaturas agradables. Será o primeiro dunha serie de días sen chuvia e baixo influencia anticiclónica.

Comentarios
Lo más