O PP proporá modificacións orzamentarias que favorezan o liberamento de “cheques solidarios” en beneficio de Pemes e do pequeño comercio

O PP proporá modificacións orzamentarias que favorezan o liberamento de “cheques solidarios” en beneficio de Pemes e do pequeño comercio
O PP proporá modificacións orzamentarias que favorezan o liberamento de “cheques solidarios” en beneficio de Pemes e do pequeño comercio


Os Populares suxeríronlle tamén ao alcalde que valore a sinatura dun convenio co Colexio de Avogados de Santiago a fin de ofrecerlle aos arrendatarios de locais asesoramento e, no seu caso, mediación cos arrendadores

O Grupo Municipal Popular proporá, tras a previsible aprobación definitiva do orzamento, modificacións orzamentarias que permitan librar axudas monetarias de carácter solidario en favor dos titulares de pequenos comercios e doutros pequenos negocios, que verán seriamente lastrados polo peche obrigatorio dos seus establecementos.

É por iso polo que os Populares xa propuxeron na última Xunta de Portavoces a creación dunha oficina municipal que avalíe os prexuízos ocasionados pola crise aos diversos sectores e persoas e que, ao tempo, analice as axudas anunciadas por outras administracións a fin de completar as mesmas nos maiores termos de equidade e eficiencia.

Segundo o voceiro Popular, Alejandro Sánchez Brunete, “o orzamento, a piques de aprobarse, xa non será un documento realista, posto que ás necesidades convencionais se superpoñen necesidades imperiosas e sobrevidas”.

Nese mesma liña, o responsable de asuntos económicos do Grupo Municipal Popular, Ramón Quiroga, sinalou que “o Concello ten capacidade económica para ofrecer cheques solidarios as pemes e autónomos afectados, uns cheques que contribuirían a que os pequenos emprendedores puidesen soltar o lastre dos gastos fixos improdutivos acumulados durante o período de peche e que se librarían sen menoscabo de aplicar outras medidas de alivio fiscal xa propostas no seu día polo Grupo Popular”.

Quiroga sinalou tres posibles vías para liberar recursos a favor do comercio e das pemes: unha sería destinar boa parte do superávit do ano de 2019 ás situacións de emerxencia social; outra modificar e reorientar cara ao comercio e as pemes o orzamento propio de 2020; e a terceira, de ser necesario, sería financiar con débeda os investimentos, dado o baixo volume de endebedamento, para así liberar fondos propios a favor dos sectores afectados.


Posible convenio co Colexio de Avogados

Así mesmo, na pasada reunión da Xunta de Portavoces mantida os luns, o Grupo Municipal Popular suxeriulle al alcalde que valorase a posibilidade de asinar un convenio co Colexio de Avogados a fin de que os mesmos asesoren aos arrendatarios dos negocios pechados ou, incluso, poidan realizar un traballo de mediación entre arrendadores e arrendatarios. 

Comentarios
Lo más