Corte de tráfico na travesía do Carme de Abaixo

Corte de tráfico na travesía do Carme de Abaixo
Corte de tráfico na travesía do Carme de Abaixo

O desvío farase pola rúa do Monte Pío e Casas Novas.

Por mor da realización de obras por parte de Viaqua, a travesía do Carme de Abaixo, no cruzamento coa rúa da Oblatas, quedará pechada ao tráfico o vindeiro xoves dia 26 de marzo dende as 14.30 ata as 20.00 h. O desvío farase pola rúa do Monte Pío e Casas Novas.

Desvío no transporte urbano

A liña P1 realizará os desvíos que se indican:

*Sentido Estación de autobuses - Folgoso:

A liña despois da rúa do Pombal desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruzamento entre Monte Pío e Carme de Abaixo.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruzamento con Monte Pío.

*Sentido Folgoso - Estación de autobuses:

A liña realizará o seu itinerario habitual ata o cruzamento con Monte Pío, desviándose por esta rúa, costa de Casas Novas, Galeras e retomará itinerario a partir da rúa do Pombal.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (163) Carme de Abaixo 1 e (225) Cruceiro de Gaio, sentido centro. As paradas alternativas máis próximas serán a parada do cruzamento entre Carme de Abaixo e Monte Pío e a parada 267, Galeras nº 5.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Comentarios
Lo más