Ceos despexados en Compostela

Ceos despexados en Compostela
Ceos despexados en Compostela

As temperaturas en Compostela oscilarán entre os 7 e os 19 graos

O mércores Galicia quedará nunha situación intermedia entre as baixas presións situadas no Mediterráneo e o anticiclón dos Azores. Así, agárdase un día de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais na provincia de Lugo e brétemas costeiras que irán entrando polo litoral atlántico co avance do día. Pola tarde en zonas de interior medrarán algunhas nubes de evolución que mesmo poden dar lugar a algún chuvasco treboento ocasional.

As temperaturas continuarán sen cambios ou cun lixeiro descenso. O vento soprará moi frouxo de dirección variable, con predominio da compoñente norte.

Este mércores en Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios