O Pino e Oroso continúa coas labores de limpeza e desinfección

O Pino e Oroso continúa coas labores de limpeza e desinfección
O Pino e Oroso continúa coas labores de limpeza e desinfección

Para colaborar na prevención da propagación do coronavirus Covid-19, o Concello de O Pino contratou unha empresa especializada.

O Concello de Oroso continúa coas labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos que comezaron o día 17, presentando unha especial atención ás proximidades do centro de saúde, farmacias ou supermercados. Unhas tareas de limpeza e desinfección que comezaron esta semana no Concello de O Pino.

Os traballos comezaron  nos arredores do centro médico. Os operarios tamén desinfectarán durante o estado de alarma aqueles lugares de Pedrouzo, a capital municipal, que reciben máis afluencia de público: farmacias, supermercados, tendas de alimentación, etc.


A intención do Concello é poder desinfectar con lixivia, polo menos dúas veces por semana, aqueles lugares máis transitados, aos que a poboación pode acudir estes días malia o confinamento decretado polo Goberno.

Comentarios