Sol, pero con temperaturas frescas en Compostela

Sol, pero con temperaturas frescas en Compostela
Sol, pero con temperaturas frescas en Compostela

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 4 e os 15 graos

O xoves Galicia quedará con influencia anticiclónica e circulación do nordés. Unha situación que nos deixará unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados, con néboas matinais no interior. Pola tarde irán entrando nubes altas polo litoral atlántico. As temperaturas descenderán moderadamente. Os ventos soprarán do nordés con intervalos fortes na Costa da Morte.

En Compostela agardase un día soleado durante todo o día pero sen superar os 15 graos no termómetro polo que non será un día coloroso, De feito, as temperaturas máximas descenderán moderadamente.



Comentarios
Lo más