Galicia rexistra 1.832 infectados, 234 máis que este mércores, e 47 pacientes recibiron a alta

Galicia rexistra 1.832 infectados, 234 máis que este mércores, e 47 pacientes recibiron a alta
Galicia rexistra 1.832 infectados, 234 máis que este mércores, e 47 pacientes recibiron a alta

Santiago supera xa os 300 contaxiados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832, deles 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a catro varóns: un deles de 63 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense; ademais doutro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago; e outro home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol. Os catro tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 8.805.

Comentarios
Lo más