Segunda morte por coronavirus en Santiago

Segunda morte por coronavirus en Santiago
Segunda morte por coronavirus en Santiago

O paciente estaba ingresado na Rosaleda

Santiago rexistra a súa segunda morte por coronavirus. Tal e como informa sanidade trátase dun home de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago.

As autoridades sanitarias informan de que o falecido fora diagnosticado de coronavirus e presentaba patoloxías previas .

Trátase do segundo falecido na capital galega trala morte a semana pasada dunha muller de 84 anos. Esta mullerr presentaba "múltiples patologías previas" e atopábase ingresada no CHUS.


Comentarios