O Concello de Brión está a levar a cabo importantes labores de desinfección

O Concello de Brión está a levar a cabo importantes labores de desinfección
O Concello de Brión está a levar a cabo importantes labores de desinfección

O Concello de Brión vén de reforzar os traballos de limpeza viaria, desinfección de edificios públicos e limpezas das zonas con maior afluencia de xente, debido ao estado de alarma declarado polo Goberno Estado no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e ao estado de emerxencia sanitaria. 

O persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal está a levar a cabo a desinfección de mobiliario urbano de uso frecuente como son contedores, papeleiras, bancos, etc... Así mesmo tamén están a reforzar as labores de limpeza e desinfección das zonas mais concorridas do municipio como son o exterior do centro comercial Monte Balado, por onde pasan numerosas persoas para acudir a oficina bancaria e ao supermercado, e os arredores de farmacias, residencia de maiores, estancos e principais empresas da zona.

Tamén se reforzaron as limpezas no exterior dos principais edificios de servizos, como son o centro de saúde, as oficinas municipais, o centro social polivalente, CEIP de Pedrouzos, IES Brión, cuartel da Garda Civil e xulgado, entre outros. Finalmente, estanse realizando tamén estas labores nas principais rúas municipais, nas urbanizacións e na súa contorna, reforzando a limpeza dos contedores do lixo. Estas desinfeccións volverán a realizarse coa frecuencia necesaria en vixianza da saúde pública.

O alcalde de Brión, José Luís García, amosa o seu agradecemento “tanto ao persoal municipal, pola súa disposición e colaboración nesta emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 e que están traballando arreo para seguir mantendo e reforzando a actividade municipal, como aos veciños e veciñas, tanto particulares como empresas, que están axudando ao Concello coas súas doazóns e préstamos de maquinaria, material e produtos para facer as desinfeccións, mascarillas, luvas, etc..”

Comentarios
Lo más