Un veciño de Vilagarcía é condenado a cen días de prisión por incumprir o confinamento

Un veciño de Vilagarcía é condenado a cen días de prisión por incumprir o confinamento
Un veciño de Vilagarcía é condenado a cen días de prisión por incumprir o confinamento

O condenado foi interceptado por catro axentes da Policía Nacional cando saía do portal do inmoble no que reside

O Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa condenou a cen días de prisión un home por abandonar onte ás 18.30 horas o seu domicilio sen motivo aparente. A xuíza decretou a suspensión da pena imposta ao investigado durante tres anos, condicionada a que non delinca durante ese período. O sospeitoso mostrouse conforme coa pena, polo que non recorrerá a resolución.


A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, que o considera responsable dun delito de desobediencia, indica na sentenza que actuou “sabendo da vixencia do estado de alarma no territorio nacional, con absoluto menosprezo á limitación da liberdade de circulación imposta e sen causa xustificada”. O condenado foi interceptado por catro axentes da Policía Nacional cando saía do portal do inmoble no que reside. O acusado, segundo consta na sentenza, xa fora denunciado administrativamente os días 16, 21 e 23 de marzo por incumprir o confinamento e saír á rúa sen motivo aparente.

Comentarios