O Concello amplía o servizo de bonotaxi para atender as persoas con dificultades de desprazamento

O Concello amplía o servizo de bonotaxi para atender as persoas con dificultades de desprazamento
O Concello amplía o servizo de bonotaxi para atender as persoas con dificultades de desprazamento

O taxi poderá solicitarse a través do 010

Continuando co paquete de medidas postas en marcha polo Concello para paliar os efectos da crise sanitaria do Covid-19, o alcalde anunciou a ampliación a partir do luns do servizo de bonotaxi, co fin de atender as persoas con especiais dificultades de desprazamento. Será xestionado polos Servizos Sociais a través do teléfono 010.

Sánchez Bugallo apuntou que agarda que "entre o luns e o martes poidamos abrir o período de solicitudes", unha vez que xa o Concello logrou acordos coas dúas asociacións de taxistas de Compostela. "O obxectivo é atender aquelas persoas que precisan unha atención especial, ou que teñen dificultades de desprazamento, ou precisan unha atención urxente hospitalaria", explicou o alcalde.

A través do 010, engadiu, estas persoas con necesidades de desprazamento poderán solicitar o taxi, de cuxo pago se faría cargo o Concello. 

Comentarios
Lo más