Galicia rexistra 2.925 casos, 480 en Santiago

Galicia rexistra 2.925 casos, 480 en Santiago
Galicia rexistra 2.925 casos, 480 en Santiago

Un total de 153 persoas xa foron dadas de alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.925, deles 639 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 415 da de Ourense, 324 da de Pontevedra, 681 da área de Vigo, 480 da de Santiago, e 142 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 122 permanecen en UCI, 707 están en unidades de hospitalización e 2.096 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 153 altas de pacientes e 61 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 14.440.

Comentarios
Lo más