O Concello endurece as medidas contra os infractores e levará aos reincidentes ao xuzgado

O Concello endurece as medidas contra os infractores e levará aos reincidentes ao xuzgado
O Concello endurece as medidas contra os infractores e levará aos reincidentes ao xuzgado

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou este luns que se van endurecer as medidas contra as persoas que incumpren o estado de alarma. Así, os/as reincidentes serán levados ao xulgado de garda e o Concello pedirá o seu internamento.

Sánchez Bugallo explicou que, a día de hoxe, se tramitaron 90 denuncias e que entre elas, "hai algúns casos de especial reincidencia". "A partir de xa, estas persoas reincidentes serán levadas diante da xustiza, e pediremos o seu internamento en prisión ou no centro que o xuíz considere máis axeitado, a través dun xuízo rápido".

Á marxe destas reincidencias e das denuncias tramitadas, o alcalde aproveitou a súa comparecencia para agradecer á maioría da cidadanía a súa colaboración no confinamento e no cumprimento do estado de alarma. Tamén tivo palabras de recoñecemento para o persoal sanitario, corpos e forzas de seguridade e voluntarios/as.

Equipamento de seguridade

A preguntas dos/das xornalistas, o alcalde indicou que "a día de hoxe, o Concello segue sen recibir ningún equipamento de ningunha administración pública. En calquera caso, apuntou que se dispón de material para "dúas ou incluso tres semanas", grazas ao equipamento conseguido polo Concello a través dos seus propios medios. Neste punto, agradeceu a resposta ao chamamento realizado ás clínicas odontolóxicas, que "nos facilitaron unhas 500 máscaras e temos confirmado que imos recibir algunha máis". 

Comentarios