Galicia rexistra 3.758 casos, 547 en Santiago

Galicia rexistra 3.758 casos, 547 en Santiago
Galicia rexistra 3.758 casos, 547 en Santiago

 Un total de 187 persoas xa foron dadas de alta e os falecementos sitúanse en 94

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.758, deles 817 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 520 da de Ourense, 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 209 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 147 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 187 altas de pacientes e 94 falecementos.

O balance de falecidos en A Coruña é de 34, en Ferrol 8, en Santiago 12, en Lugo 7, en Ourense 12, en Pontevedra 8 e en Vigo 13. A morte de outras 8 personas infectadas por coronavirus en Galicia nas últimas horas eleva o balance global de víctimas a 94 falecidos.

En concreto, as autoridades sanitarias informaron da muerte de tres mulleres de 92, 83 e 75 anos, así como de un varón de 92, que estaban ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Tamén faleceron nas últimas horas un home de 81 años atendido no Hospital Montecelo de Pontevedra; dous varóns de 77 e 70 anos asistidos no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac) e outro de 71 ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus). Estas últimas oito vítimas mortais presentaban patoloxías previas. 

O número de PCR realizadas é de 17.276.

Comentarios