O Concello de Brión pon en marcha o concurso fotográfico #briónquedanacasa

O Concello de Brión pon en marcha o concurso fotográfico #briónquedanacasa
O Concello de Brión pon en marcha o concurso fotográfico #briónquedanacasa

O Concello de Brión vén de convocar o concurso fotográfico #briónquedanacasa para recoller as imaxes do Brión que os veciños e veciñas vén dende as súas fiestras, balcóns, xardíns ou hortas. O prazo para participar estará aberto ata o 29 de maio e entre todas as persoas que participen sortearanse 3 lotes de libros

Para tomar parte no concurso só é preciso colgar unha fotografía no Facebook da persoa participante co cancelo #briónquedanacasa e etiquetar nela ao Concello de Brión (@concellodebrion). Poderanse colgar tantas fotos como se desexe, indicando na descrición da mesma o lugar onde está sacada e o autor ou autora da mesma. Non entrarán a concurso as imaxes que inclúan persoas identificables, contidos sexistas ou que danen a sensibilidade das persoas.

Así mesmo, outra medida para paliar este tempo de corentena chega dende o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión, que se ofrece para darlle unha sorpresa a todos os nenos e nenas do municipio no día do seu aniversario. Así, calquera veciño ou veciña que teña un neno ou nena de aniversario nos próximos días pode solicitar este agasallo no Concello de Brión, ben no teléfono 981 88 70 06 ou do mail concello@concellodebrion.org.  

Comentarios
Lo más