Brión agradece a solidariedade de empresas e particulares na achega de material para loitar contra o COVID-19

Brión agradece a solidariedade de empresas e particulares na achega de material para loitar contra o COVID-19
Brión agradece a solidariedade de empresas e particulares na achega de material para loitar contra o COVID-19

O Concello de Brión quere agradecer publicamente a solidariedade e colaboración amosada polas empresas e particulares do municipio na loita para frear a expansión do COVID-19. “A pesar de que a expansión do coronavirus provocou que moitas empresas tiveran que facer ERTEs pola freada da actividade, moitas delas están a colaborar desinteresadamente co fin de diminuír a propagación desta terrible pandemia, así como veciños e veciñas que coa súa solidariedade son un exemplo para construír un Brión mellor”, apunta o alcalde, José Luís García.

En concreto, o Concello de Brión amosa o seu máis fondo agradecemento pola súa axuda e colaboración a:

- As veciñas Carmen Ferreiro Silva, Dolores Ferreiro Picado, Olivia Leis Romero e Carmen García Calviño, que a nivel particular estiveron confeccionando mascarillas para a colaboración cos Servizos Sociais no seu programa de axuda a domicilio.

- Ao veciño José Sampedro Gandarela, quen cedeu a súa sulfatadora agrícola para a fumigación e desinfección con tractor, que foi empregada polo Concello de Brión durante a pasada semana para desinfectar as 106 aldeas do municipio

- A empresa Ánxeles Téxtil S.C., que tamén aportou o seu gran de area confeccionando mascarillas.

- A empresa Comercial Bastavales, que achegou hipoclorito e unha mochila sulfatadora.

- A empresa Comercial Brión - Terras de Labranza que, coa axuda de Millasur, S.L., doou 8 mochilas sulfatadoras manuais e unha eléctrica.

- A empresa Rodríguez & Rodríguez, que achegou lixivia, luvas e xel hidroalcohólico.

- A farmacia Francisco Rodríguez-Segade Vázquez, que colaborou con xeles hidroalcohólicos para limpeza e hixiene de mans.

Así mesmo, o Concello de Brión quere agradecer de xeito moi especial aos monitores e monitoras das actividades municipais (canceladas dende o pasado día 13 de marzo) por seguir mantendo contacto co alumnado e seguir ofrecendo a través dos seus teléfonos móbiles as clases de ioga, pandeireta, ximnasia para adultos, receitas de cociña… a pesar de que en moitos dos casos están acollidos aos ERTES das súas empresas.

Finalmente, o Concello de Brión reitera o seu agradecemento á empresa BeOne Fitness & Sport (Brión), xestora da piscina cuberta municipal, que puxo a disposición de toda a veciñanza de forma gratuíta #euadestronacasa, un programa de adestramento virtual para manterse activo e en forma dende a casa con máis de 300 clases virtuais de tonificación, baile, HIT, meditación, Ioga, Pilates...

Comentarios
Lo más