Galicia rexistra 5.175 casos, 816 en Santiago

Galicia rexistra 5.175 casos, 816 en Santiago
Galicia rexistra 5.175 casos, 816 en Santiago

Un total de 587 persoas xa foron dadas de alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.175, deles 1.058 son da área da Coruña, 555 da de Lugo, 921 da de Ourense, 444 da de Pontevedra, 1.075 da área de Vigo, 816 da de Santiago, e 306 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 169 permanecen en UCI, 893 están en unidades de hospitalización e 4.113 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 587 altas de pacientes e 182 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 28.191.

Comentarios