Galicia rexistra 5.435 casos, 884 en Santiago

Galicia rexistra  5.435 casos, 884 en Santiago
Galicia rexistra 5.435 casos, 884 en Santiago

Un total de 688 persoas xa foron dadas de alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.435, deles 1.117 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 999 da de Ourense, 466 da de Pontevedra, 1.094 da área de Vigo, 884 da de Santiago, e 312 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 162 permanecen en UCI, 910 están en unidades de hospitalización e 4.363 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 688 altas de pacientes e 208 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 32.146.

Comentarios