Galicia rexistra 5.460 casos, 911 en Santiago

Galicia rexistra 5.460 casos, 911 en Santiago
Galicia rexistra 5.460 casos, 911 en Santiago

Un total de 800 persoas xa foron dadas de alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.460, 25 más que ayer. Deles 1.138 son da área da Coruña, 566 da de Lugo, 1.001 da de Ourense, 460 da de Pontevedra, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Santiago, e 318 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 158 permanecen en UCI, 835 están en unidades de hospitalización e 4.467 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 34.423.

Datos dos centros residenciais de servizos sociais

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,2% do total das persoas residentes.

Respecto das 8 persoas falecidas onte en centros residenciais, 5 foron na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago), 1 na residencia de Bande (Bande, Ourense) e 2 na residencia Nuestra Señora de la Esperanza (Ourense) e 2 na residencia DomusVi Cangas.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios