Noia pon en marcha o concurso de fotografía “Corentena desde Noia”, para recoller o municipio dende o confinamento

Noia pon en marcha o concurso de fotografía “Corentena desde Noia”, para recoller o municipio dende o confinamento
Noia pon en marcha o concurso de fotografía “Corentena desde Noia”, para recoller o municipio dende o confinamento

O prazo de presentación estará aberto ata o 24 de abril e os premios serán vales para mercar no comercio local cando se supere a pandemia

A Concellería de Xuventude do Concello de Noia pon hoxe en marcha o concurso de fotografía “Corentena desde Noia”, dirixido a calquera persoa residente no municipio con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos. Unha iniciativa que busca “inmortalizar a vila de Noia desde os nosos fogares e de xeito creativo durante estes días de corentena, ao tempo que apoiamos ao noso comercio local”, explica a concelleira de Xuventude, Laura Salgado.

Cada persoa participante poderá entregar un máximo de 3 fotografías, a cor ou branco e negro, nas que recolla as vistas do municipio que ten dende a súa vivenda. As imaxes a concurso deberán enviarse a xuventude@gmail.com antes do 24 de abril, indicando no asunto “Corentena desde Noia” e incluíndo os datos do autor/a (nome, apelidos, DNI, enderezo e mail ou teléfono de contacto), así como o título da fotografía.

O xurado, integrado pola concelleira de Xuventude e dous fotógrafos da vila, elixirá aos catro gañadores, que recibirán vales de 120, 80, 60 e 40 euros para gastar nos comercios de Noia cando remate a pandemia. As fotografías poderán ser feitas con cámara dixital ou móbil, pero deberán entregarse en formato JPG. Está permitido o uso de HDR e filtros de fotografía que melloren a calidade da imaxe, non estando permitido o uso de programas para engadir/eliminar elementos ou mesturar varias imaxes. 

Comentarios
Lo más