A campaña "A MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN" reparte 1.350 euros

A campaña "A MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN" reparte 1.350 euros
A campaña "A MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN" reparte 1.350 euros

Sorteáronse 1.350 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados para cando pase a criso do Covid 19


A participación na campaña, foi moi sinxela xa que @s interesad@s  só tiñan que facer un comentario indicando que era o que máis botaban de menos do comercio de proximidade, no post do concurso dentro do facebook da Asociación Galega de Xerencia e compartir dita campaña, desta maneira as/os participantes, entraron no sorteo de 27 vales de compra por valor de 50 euros (1.350 euros en total), que se poderán gastar nos establecementos asociados unha vez finalice o confinamento por motivo do COVID 19 e volvamos á normalidade.

Unha vez finalizado o prazo para poder participar, as xerencias dos Centros Comerciais Abertos, están moi satisfeitas cos resultados da campaña, xa que tivo un alcance de 40.000 persoas. No caso de Santiago, os comentarios representaron un 4,5% do total no concurso. Neste caso, Isa OB, coa seguinte publicación: boto de menos saír co meu neno a pasear pola zona vella,mercarlle un doce pra merendar na pastelería de sempre,parar a tomar un café e voltar ollando os escaparates,e...moi seguro mercar algún caprichiño....que ganas!!!”, foi a gañadora tralo sorteo efectuado este mediodía e despois de comprobar que cumplía os requisitos do concurso.

Pese ao confinamento ao que se ven sometidos @s xerentes de ditos CCAS, seguen prestando os seus servizos ao comercio local atendendo dúbidas e informando aos seus asociados en todo momento. Ao mesmo tempo intercambian informacións e ideas entre eles, e froito das mesmas xurdiu esta primeira campaña conxunta.

Comentarios
Lo más