​Un veciño de Rianxo acepta unha multa de 720 euros por saír once veces de casa sen xustificación

​Un veciño de Rianxo acepta unha multa de 720 euros por saír once veces de casa sen xustificación
​Un veciño de Rianxo acepta unha multa de 720 euros por saír once veces de casa sen xustificación

Varios días saiu ata tres veces sen xustificación

O xulgado de Instrución número 2 de Padrón, en funcións de garda, condenou hoxe ao pagamento dunha multa de 720 euros un veciño de Rianxo que foi denunciado en once ocasións por incumprir o confinamento. 

O sospeitoso, que se mostrou conforme coa pena, polo que non recorrerá a sentenza, recoñeceu ter saído á vía pública sen motivo xustificado os días 18, 27, 30 e 31 de marzo e o 1, 2, 3 e 9 de abril. O día 27 fíxoo tres veces e o 3, dúas.

A xuíza destaca na resolución que o investigado incumpriu “de forma reiterada” a obriga de confinamento derivada do estado de alarma decretado polo Goberno o pasado 14 de marzo.

Comentarios