O GES de Brión asiste a unha persoa ferida leve nun accidente entre un turismo e un trailer

O GES de Brión asiste a unha persoa ferida leve nun accidente entre un turismo e un trailer
O GES de Brión asiste a unha persoa ferida leve nun accidente entre un turismo e un trailer

O sinistro tivo lugar no mediodía de este xoves

Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión realizaron unha intervención nun accidente de tráfico que tivo lugar este xoves, ás 13:00 horas, na AC-300 Os Ánxeles-A Picaraña, concretamente ao seu paso pola aldea de Babenzo, parroquia de Bastavales (Brión). O sinistro, producido por alcance dun turismo a un trailer, saldouse cunha persoa ferida leve e danos materiais nos vehículos.

No accidente resultou ferida leve unha persoa, que tivo que ser atendida por dores na zona lumbar e torácica polo propio persoal do GES de Brión no lugar do accidente ata a chegada de persoal sanitario. Foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario para unha exploración máis a fondo. Posteriormente procedeuse á retirada do vehículo da estrada e á limpeza da calzada para poder reabrir á circulación o carril da AC-300, sentido Os Ánxeles.

Comentarios
Lo más