Corte de tráfico na rúa de Montero Ríos este sábado

Corte de tráfico na rúa de Montero Ríos este sábado
Corte de tráfico na rúa de Montero Ríos este sábado

Entre as 8 e as 16 horas

Con motivo da colocación dun guindastre autopropulsado para unha obra á altura do número 13 da rúa de Montero Ríos, esta permanecerá cortada ao tráfico, no tramo entre Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro, este sábado, 18 de abril, entre as 8:00 e as 16:00 horas. Durante este período, os vehículos que circulen por Xeneral Pardiñas non poderán xirar á dereita e deberán seguir de fronte cara a rúa da Senra.

Permitirase o acceso aos garaxes. No caso dos situados despois do punto do corte, os vehículos deberán entrar en sentido contrario dende a praza de Galicia – rúa do Doutor Teixeiro. Este mesmo acceso será o que utilicen os taxis da parada de Montero Ríos.

Comentarios